O vigués Fernando Llor faise co premio ao mellor guión estatal na Heroes Cómic Con

A súa obra El espíritu del escorpión obtivo tamén o recoñecemento á mellor rotulación

El espíritu del escorpión, banda deseñada con guión do vigués Fernando Llor, obtivo dous galardóns dos catro aos que aspiraba nos premios José Sanchís Grau. A Heroes Cómic Con de Valencia acolleu o pasado venres a entrega destes galardóns, dos cales Llor obtivo o premio ao Mellor Guionista Español por esta obra sobre a detención do xenocida Radovan Karadzić. Pola súa banda o debuxante madrileño Pablo Caballo, responsable da gráfica do proxecto, obtivo o premio á mellor rotulación polo seus traballo.