Galicia suma dúas candidaturas nos Premios José Sanchís de Cómic

Ferndando Llor e Altar Mutante optan aos galardóns da Héroes Cómic Con de Valencia

El Espíritu del Escorpión, obra con guión do vigués Fernando Llor é principal baza da banda deseñada galega para obter un galardón nos Premios José Sanchís Grau de Cómic. Estes galardóns, que se entregan no marco da Heroes Cómic Con de Valencia, teñen como finalista esta obra sobre a detención do xenocida Radovan Karadžić en catro categorías. O propio Llor opta ao premio ao Mellor Guionista Español mentres o ilustrador madrileño Pablo Caballo pode se facer cos premios a Mellor Rotulista, Mellor Entintador e Mellor Debuxante polo seu labor nesta obra. Canda a esta, o nomeamento da publicación coruñesa Altar Mutante ao premio ao mellor fanzine é a única proposta galega con opcións nestes galardóns. Ábrese agora un prazo de votación entre profesionais do sector, e os resultados coñeceranse no acto de entrega o vindeiro 22 de febreiro. Tanto El Espíritu del Escorpión como Altar Mutante foran tamén candidatados para os premios Carlos Giménez da Heroes Cómic Con de Madrid.