O formato das feiras de autoedición dan un novo paso en Compostela coa celebración, o vindeiro 26 de xaneiro, da primeira xeira da Fëliic. Esta proposta, que fai parte do programa paralelo da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea leva á sede de Afundación en Compostela unha serie de actividades e conferencias arredor da creación plástica. O programa artéllase arredor de catro mesas redondas que abordarán os Premios Castelao de Banda Deseñada, as reedicións ilustradas de clásicos literarios a ilustración como medio para concienciar na igualdade de xénero e mais a edición como ferramenta creativa. Canda a isto, o programa inclúe unha sesión de sinaturas a cargo de Oliver Añón e mais unha serie de postos na que os asistentes poderán adquirir diferentes publicacións.
A coincidir con este evento celébrase a terceira edición de Allariz Debuxado, encontro de ilustración nesta vila que inclúe tamén a súa propia feira de autoedición. Javier Olivares, Cristina Durán e Miguel Ángel Giner Bou son os autores convidados ao evento, no que impartirán diferentes palestras. Canda a eles, os editores de Kalandraka Manuela Rodríguez e Xose Ballesteros falarán cos participantes. Unha exposición sobre o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado completará o programa do encontro.