No inverno de 1803 partiu de Galicia a Real Expedición Filantrópica da Vacina coa misión, dirixida polo Doutor Balmis, de acabar a praga da variola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas. Vinteún nenos recollidos en hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, exerceron de portadores viventes da vacina nos seus propios corpos. Esta historia dificilmente asumible nos nosos dÃas foi xa o material histórico da novela Os nenos da variola (Editorial galaxia, 2017) da xornalista MarÃa Solar e agora volve estar presente a través do formato de novela gráfica coa obra Nuevo Mundo que ven de publicar a editorial coruñesa Bululú. A obra, de 56 páxina editada en castelán, é obra de dous arquitectos Borja López Cotelo (A Coruña, 1980) e MarÃa Olmo Béjar (A Coruña, 1980), que asinan de forma conxunta como El primo Ramón. Nuevo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller de familia labrega e cun fillo a criar en en solitario que acabou por converterse en elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, e que cambiou o mundo como se coñecía ata entón. Recentemente o Parlamento de Galicia publicou a obra Isabel ZSendal Gómez nos Arquivos de Galicia, unha investigación do xornalista Antonio López Mariño sobre a vida desta enfermeira de orixe galega.