Entre o 8 e o 11 de maio celebrouse o Salón Internacional do Cómic de Barcelona. Contámosche o que deu de si a contribución galega a este evento que chegou este ano á súa vixesimoprimeira edición.
Nesta ocasión os afeccionados tiveron a sorte de ver en persoa a algúns dos grandes do medio, especialmente ao mestre Will Eisner, e de gozar de exposicións de autores españois como Luís Durán, José Luís Ágreda ou Jan. Máis de cen autores procedentes de diferentes puntos xeográficos participaron nas charlas, mesas redondas e talleres organizados polo salón.
Variada presencia galega
O momento máis esperado para os seguidores procedentes de Galicia foi a entrega de premios do Salón xa que por primeira vez en moitos anos entre os nominados había un autor galego. Desafortunadamente, o coruñés Alberto Vázquez non gañou o premio ao mellor autor revelación.
Outro dos momentos da BD galega en Barcelona foi a charla do Colectivo Chapapote, que ademais estivo precedida pola presentación do cómic Marea Negra promovido pola Plataforma Nunca Máis de Cataluña. Os encargados da presentación do Colectivo Chapapote foron Manel Cráneo e Emma Ríos Maneiro, dous dos autores máis implicados na iniciativa que hai detrás da páxina Chapapote.org. Cráneo falou das diferentes accións que está a desenvolver o Colectivo e expuxo material deste (carteis de concertos, postais, chapas). Tamén confirmou a itinerancia da exposición O chapapote móvese e a publicación dun álbum de cómic con preto de 80 autores galegos que probablemente verá a luz o vindeiro agosto no Salón de Cómic da Coruña, "Viñetas desde o Atlántico".
Emma Ríos falou da boa situación que está a vivir a BD galega con iniciativas como Golfiño, BD Banda ou Polaqia, e confirmou que se sumará a esta última iniciativa, coa próxima publicación dun tomo do seu título A Prueba de Balas. Este, dun total de sesenta páxinas, conterá dous capítulos do relato que xa iniciara en forma de fanzine nos últimos anos, ademais de ilustracións feitas ex profeso por Álvaro López, David Rubín e Diego Blanco.
O coruñés Adrián Lopez presentou pola súa banda o nº 2 da revista "Plug In Magazine", da que se repartiron durante o salón 35.000 exemplares gratuítos. Os contidos da revista versan sobre o mundo do cómic, o cine e a música fundamentalmente, e contén colaboracións de autores galegos como os propios Manel Cráneo, Alberto Vázquez ou Kike Benlloch.
En Barcelona falouse tamén de Heresiarcas, o traballo de Carlos Portela e Das Pastoras para o mercado francobelga. Norma Editorial comunicou que a data estimada de publicación da versión española é novembro de 2003. En canto á edición orixinal, o segundo tomo estaba previsto para xuño en Francia, mais atrasarase un mes a súa edición e prepublicarase por entregas na revista "Metal Hurlant".