Correspondencia e manuscritos de Francisco Añón, conservados polos seus descendentes, pasarán a ser custodiados pola Real Academia Galega. A entidade recibía na Coruña esta semana a doazón de dúas cartas, dous manuscritos con fragmentos dos poemas Ferrocarril ou El portugués de Sevilla ou un caderno con poemas en castelán e galego dedicados ao autor entre outros fondos. Enrique González-Añón Villar, descendente deste precursor do Rexurdimento foi o responsable da doazón.
En paralelo, a RAG asinaba esta semana un acordo pola que a Área de Cultura da Deputación da Coruña apoia actividades da Academia cun total de 50.000 euros. Os Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras, a investigación sobre prácticas lingüísticas na infancia, o proxecto didáctico Primavera das Letras ou diversas publicacións da entidade serán outras iniciativas desenvolvidas no marco deste acordo.
Finalmente, para o vindeiro 20 de outubro, a Academia organiza a III Xornada de Onomástica Galega. O programa deste ano estará dedicado aos alcumes, con sete relatorios que abordarán a súa presenza nos apelidos, as súas raíces, a súa situación na Galicia medieval ou mesmo os empregados polos usuarios da wikipedia entre outras cuestións. O encontro desenvolverase no Museo de Pontevedra