A microbióloga Alicia Estévez recibirá o Premio Wonemburger

Dirixe o prestixioso grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago

Fonte: Consello da Cultura
Fonte: Consello da Cultura
Alicia Estévez Toranzo, directora do grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de ser galardoada co Premio Wonemburger 2018. A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta facía onte público o fallo da Unidade da Muller e Ciencia, que recoñece con este galardón "as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa".

A galardoarda, doutora en Bioloxía e catedrática de Microbioloxía pola Universidade de Santiago, centra as súas liñas de investigación centránse na patoloxía bacteriana en Acuicultura, a incluír "a caracterización fenotípica, antixénica e molecular de patóxenos de peces; o desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos; la epizootioloxía; e a quimioterapia e vacunación en Acuicultura", segundo indica a Secretaría Xeral de Igualdade.

Na actualidade dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un dos principais grupos de referencia competitiva no noso país. Ten publicado máis de 200 artigos en revistas científicas e case una trintena de capítulos de libros. Ademais, foi Premio Fin de Carreira do Ministerio de Educación e Ciencia e Premio Nacional de Investigación "Jaime Ferrán" da Sociedade Española de Microbiología.