A XI Edición do Premio Victoriano Taibo de PoesÃa, que organizan o Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar ten xa gañadora. Laura Ramos impúxose coa súa obra A situación actual ao máis de medio cento de traballos que se presentaron ao certame e fÃxose co galardón dotado con 3.000 euros en metálico e a publicación da obra. O xurado, composto por Iria Misa, Gonzalo Navaza, Miguel Anxo Mouriño, Marta Dacosta e Rafa Vilar valorou a obra gañadora como "absolutamente contemporánea en que atopamos unha voz intimista moi forte. Unha voz dunha grande radicalidade, capaz de reflectir unha situación lÃmite, unha crise emocional. Destaca a capacidade de poetizar o cotián con sinxeleza e fondura a un tempo". A entrega do premio desenvolverase o vindeiro 17 de novembro no Auditorio Lois TobÃo de Gondomar.