
A Torre é unha aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e mÃticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade. Sandoval é escritor, comunicador ambiental e ornitólogo. Está vencellado a organizacións de estudo e conservación do medio natural, e forma parte do Instituto Xosé Cornide de Estudios Coruñeses.
Despois de A Torre, a colección continuará con Corredoira, de Robert Macfarlane. Xesús Fraga realizou a tradución ao galego de ambos tÃtulos, que contan coa proposta gráfica do ilustrador Adrià Fruitós. Son libros impresos en papel procedente de bosques e plantacións xestionados con estándares que garanten a explotación sostible dos recursos. As Lecturas ao Natural de Vitamina N cumpren asà cos requisitos ambientais e sociais recollidos no proxecto Libros amigos dos bosques.