O éxito das propostas culturais que optan polo formato das camiñadas continúa a medrar. De cara a outono, son varios os programas que convidan a coñecer diferentes aspectos da creación e da historia a través de paseos guiados. Desde a Asociación de Escritores en Lingua Galega, por exemplo, teñen en marcha novas xeiras dos seus paseos literarios, cunha convocatoria que se desenvolve durante os sábados en diferentes lugares da provincia de Pontevedra. Logo de visitar Moaña, VilagarcÃa e Cuntis da man de autores que ambientan as súas obras nestes lugares, as rotas continúan por Vigo, Ribadumia, Tui e Bueu ata o vindeiro 6 de outubro. Da man da mesma entidade, a cidade da Coruña acolle tamén paseos literarios os sábados. Logo de iniciar o programa con Antonio Tizón, serán Diana Varela, Olga Patiño e AntÃa Yáñez as guÃas das seguintes xeiras.
Noutro ámbito, o web Historia de Galicia presentaba onte a segunda edición das súas Rutas de Historia. Oito novos paseos guiados permitiránlle aos participantes coñecer o patrimonio e a historia da costa da Mariña, a Serra de Muros e dos Ancares, o Canón do Sil, o Val de Lemos, A Fonsagrada, A Limia ou as terras da Estrada.
Tamén onte presentaba a Deputación de Pontevedra a serie de roteiros arquitectónicos cos que conmemora o DÃa das Artes que se lle dedicou a Alejandro de la Sota. Os participantes poderán coñecer nestas actividades a arquitectura da modernidade por diferentes puntos da provincia. O programa comeza o 22 de setembro en LalÃn e Vila de Cruces e finalizará o 10 de novembro cun paseo por Pontevedra.