O Concello de Vilalba acaba de facer público o fallo do XLIV Certame Literario que leva o seu nome. O xurado seleccionou o traballo que Aleixandre Lago Barcala presentou co tÃtulo Cartafol de miraxes entre as 58 obras que optaron a se facer co galardón. O gañador recibiu o pasado 30 de agosto o premio, que conta cunha dotación de 7.000 euros en metálico e a edición da obra gañador por parte do propio concello. No acto presentouse tamén a edición do traballo gañador da anterior xeira, a obra AntÃdoto de Emma Pedreira. O xurado estivo composto por Cheri GrandÃo, DarÃo Villanueva, Ramón Villares, Fidel Fernán e Xulio Xiz.