A se consolidar como punto de encontro dos creadores independentes do paÃs, o festival Autobán, que se celebrou na Coruña este mes de agosto, acolleu a presentación de múltiplas iniciativas de autoedición. Entre os novos lanzamentos, destacan algúns como Dorotea último traballo de Cristian F. Caruncho no que o autor continúa a nos achegar a súa visión sobre o rural galego, desta volta cunha historia breve que destaca pola súa emotividade. Tamén Brais RodrÃguez, baixo o selo Carne LÃquida, acaba de publicar Reptil, unha BD experimental e muda en branco e negro na liña dos seus últimos traballos.
Yupiyeyo, pola súa banda, lanzou ¿Hay alguien ah�, unha colección de historias curtas sobra a dificultade dunha moza lesbiana por atopar parella. Roberto M. Soler continúa a súa singradura con Cruel y estúpido e presentou a sexta entrega deste fanzine de humor irreverente e besta.