O campamento de Penedo dos Lobos adianta a presenza militar romana en Galicia

Chatolas e moedas datan o recinto fortificado de Manzaneda nas Guerras Cántabro-Astures

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vista aérea do Penedo dos Lobos. Fonte: Romanarmy.eu

Vista aérea do Penedo dos Lobos. Fonte: Romanarmy.eu

O achado de material militar no campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda, acaba de adiantar a presenza militar documentada deste exército no noso país. A escavación que coordina o investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC João Fonte atopou material militar romano, entre o que se atopan as chatolas das sandalias romanas e moedas acuñadas por Publio Carisio, legado do primeiro emperador Octavio Augusto durante as Guerras Cántabro-Astures, entre o 25 e o 22 a.C. Deste xeito, a orixe da fortificación estaría neste conflito, que permitiu ao Imperio Romano completar a súa conquista da Península Ibérica.

Segundo destaca o equipo de investigación, integrado no proxecto romanarmy.eu, este supón "un achado de gran relevancia histórica para coñecer os inicios da romanización neste territorio. Ata o momento, numerosos especialistas consideraban que a zona de Galicia estivera á marxe do conflito. Aínda que non é posible polo momento determinar cal era a misión do continxente militar de Penedo dos Lobos, os achados redefinen o coñecido sobre esta época e axudan a contextualizar unha presenza militar romana neste territorio que, á luz do descuberto polo colectivo romanarmy.eu e outros equipos de investigación nos últimos anos, é máis ampla e diversa do coñecido ata o momento".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Unha testemuña da primeira guerra

Unha testemuña da primeira guerra

Datan o campamento de Lomba do Mouro, entre Galicia e Portugal, no tempo das primeiras expedicións militares romanas a Gallaecia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Manzaneda, Imperio Romano, CSIC...