Un dos tesouros máis valiosos das intervencións arqueolóxicas no illote de Guidoiro Areoso, no concello da Illa de Arousa, non é de ningún metal precioso. Trátase dunha mandÃbula de máis de dous mil anos de antigüidade. O primeiro resto humano da Idade do Ferro, do tempo dos castros. O seu valor reside en que é unha poderosa fonte de información para coñecer máis unha época culturalmente tan relevante para Galicia, e tan silenciosa no que ten que ver co rexistro das persoas. Falamos coa arqueóloga que dirixiu a intervención, Patricia Mañana, e con Olalla López Costas, a antropóloga fÃsica que está a investigar a mandÃbula, para coñecer as técnicas que permiten saber dunha época a partir dun pequeno fragmento humano. E os datos prometen.
En decembro do ano 2016, a arqueóloga Patricia Mañana Borrazás e o seu equipo da empresa Tomos ArqueoloxÃa estaban traballando no illote de Areoso, na rÃa de Arousa. Preparaban a vindeira campaña na mámoa 4 do illote, unha cámara megalÃtica ameazada pola erosión do mar da que colleitaron importantes achados cientÃficos. Mañana e os compañeiros percorrÃan e documentaban a zona intermareal, aquela que queda baixo as augas durante a marea alta. É nesa zona onde apareceron desde cámaras megalÃticas enteiras ata pequenas cistas, anacos de ósos e cerámica, e un valioso paleosolo, unha placa de terra compactada preservada desde a Prehistoria baixo a area.
Foi nese momento cando o arqueólogo Alejandro Güimil se fixou nun curioso obxecto tirado no solo. Recolleuno e levou unha gran sorpresa. Era unha mandÃbula, e aÃnda conservaba os dentes. O equipo decatouse no momento que aquel achado era de enorme relevancia. "Os dentes son unha das partes do corpo humano que ofrece moitÃsima información", sinala Patricia Mañana. Aquelo era como se tocara o boleto da loterÃa arqueolóxica. Tamén se decataron doutra cousa: a mandÃbula tiña unha fractura moi recente, de horas ou dÃas. DebÃa existir outro fragmento preto. Puxéronse a buscalo a contrarreloxo. A marea estaba a subir con rapidez e todo podÃa desaparecer baixo a auga en cuestión de minutos.
Tiveron sorte. O anaco faltante aÃnda estaba no seu emprazamento orixinal, no paleosolo. Aquelo non era cousa menor: a escaseza de restos desta época en Galicia facÃao aÃnda máis valioso. Asà que se puxeron a documentar do xeito máis exhaustivo posible o achado para conseguir obter máis información do seu contorno. Traballaban contrarreloxo, coa auga do mar xa pasando por riba das patas da estación total coa que realizaban as medicións.
Unha mandÃbula da Idade do Ferro
O apuro tivo recompensa. Entregáronlle o fragmento de mandÃbula a Olalla López-Costas, unha antropóloga fÃsica e investigadora posdoutoral IC2 da Xunta de Galicia que traballa de a cabalo entre o grupo de investigación Ciencia do sistema Terra da USC e a Universidade de Estocolmo, onde é docente. López-Costas mantén unha importante liña de investigación centrada na análise dos restos humanos do pasado galego, para poder determinar a dieta, a saúde e a orixe das poboacións que habitaron o Noroeste da PenÃnsula Ibérica no pasado.
A primeira técnica que aplicou Olalla López-Costas foi determinar a antigüidade do material a partir da análise de carbono 14. Para iso tÃvose que enviar a laboratorio un pequeno framento da mandÃbula. Neste caso, foi menos de medio gramo. "Tentamos ser o máis estritos posibles", sinala López-Costas, "aproveitamos os fragmentos que se desprenden e dos que temos certeza absoluta que son parte da peza". Con ese medio gramo de materia orgánica humana chegoulles unha data que os deixou abraiados: século IV-III a.C. En plena época dos castros, na Idade do Ferro.
"É o único resto humano da Idade do Ferro no Noroeste", explica Patricia Mañana-Borrazás, que sinala a excepcionalidade do achado. Malia a gran abundancia de castros da época en Galicia (estÃmanse máis de cinco mil) ata o momento non se localizaron, con claridade, necrópoles ou tumbas. "Hai varias teorÃas, que se centran en que podÃan ter algún tipo de ritual funerario que non deixe restos de corpos, como a incineración ou a exposición a aves para que os desmembren", indica Patricia Mañana Borrazás.
O asunto é especialmente intrigante porque as tumbas de Guidoiro de Aroso son moi anteriores á época dos castros, pero sen embargo durante a excavación do túmulo 4 detectouse actividade da Idade do Ferro no monumento megalÃtico: estruturas pétreas, materiais cerámicos e mesmo fÃbulas (prendedores de capa), sinalando que unha comunidade dun tempo próximo á da morte do suxeito da mandÃbula mantivo algún tipo de relación con aquel dolmen, a pesar da diferencia de miles de anos. Os investigadores teñen a hipótese de que na época de construción dos dólmenes, o Guidoiro Areoso aÃnda era unha penÃnsula conectada á illa de Arousa , pero na época dos castros a paisaxe xa era moi semellante á actual, e o Areoso unha illa claramente diferenciada da illa principal.
Coa mandÃbula no seu laboratorio da USC, Olalla López-Costas está mergullada na investigación desta peza para comprender unha época de tanta relevancia cultural en Galicia como a Idade do Ferro. Os traballos están en proceso e por iso a antropóloga é moi cauta á hora de ofrecer resultados, aÃnda que anticipa que van ser importantes. Quixemos coñecer con ela como se consegue extraer información sobre as poboacións da época a partir dun fragmento orgánico tan pequeno.
Técnicas para ler o pasado
"O primeiro que facemos", sinala López-Costas, "é un estudo antropolóxico e paleopatolóxico". Cando a peza chega ao laboratorio fáiselle unha limpeza moi coidada, estabilizamos o material e se deixa secar lentamente. Coa observación da peza, pódense identificar sexo e idade, ou afeccións dentais como as caries. É importante que haxa un especialista na poboación da zona. "No noso laboratorio está a maior colección de restos esqueléticos de Galicia", indica a antropóloga, que compara os novos restos cos anteriores. Tamén se lle realizan radiografÃas e microscopÃa electrónica de varrido, que permite analizar a superficie a unha escala mÃnima e detectar por exemplo a existencia de diatomeas, algas asociadas ao medio acuático que permitirÃan determinar se a mandÃbula estivo mergullada en agua doce ou salgada.
A partir de aÃ, boa parte das técnicas implican extraer pequenas mostras da peza. Son estudos de alimentación, de mobilidade do suxeito e de preservación e composición. Extraese o coláxeno e analÃzase a súa composición isotópica. "Iso permÃtenos achegarnos ao seu tipo de alimentación, saber se esa persoa comeu moito produto do mar, ou de terra, ou se variou na súa alimentación desde a infancia ata a madurez". O sistema non permite diferenciar por menú, pero é bastante preciso nas liñas xerais de alimentación. "Cada fonte de alimentación ten un marcador distinto. Ao analizar os isótopos de nitróxeno, de xofre, o carbono, podemos precisar mesmo o consumo de marisco, ou ás veces o consumo de plantas concretas coma o millo miúdo". Un exemplo de marcador é o maior ou menor enriquecemento en Carbono 13: cando predomina, indica que os alimentos inxeridos proceden sobre todo do mar.
O arquivo da nenez
Unha caracterÃstica que fai moi valiosa esta mandÃbula é que conserva a dentición. "Os dentes son un arquivo da nosa nenez, porque mentres os outros ósos renóvanse, os dentes fórmanse sobre todo na infancia do suxeito. "Os isótopos de osÃxeno están relacionados coa auga da choiva, asà que nos permiten saber sobre se esa persoa naceu no interior ou na costa, ou en que lugar do mundo, e se morreu na mesma zona ou non". Estes estudos de mobilidade compleméntase coa análise de ADN antigo. "Neste caso estamos a falar da mobilidade de longo percorrido, da liñaxe da poboación da que procede o suxeito". Cada vez hai mais documentación sobre o ADN das poboacións antigas en toda Europa, e mesmo tamén da PenÃnsula Ibérica, asà que a través deste análise, que se vai realizar en Estocolmo, nun laboratorio universitario especializado en ADN antigo da PenÃnsula Ibérica, se poderá precisar a liñaxe xenética do individuo de Areoso e a súa conexión con outras liñaxes europeas.
As outras técnicas que aplicarán os cientÃficos á mandÃbula de Areoso son as que dan unha idea da composición do oso e a súa preservación, que teñen que ver con entender que pasou co individuo trala súa morte: como foi o ambiente no que estivo depositado o corpo.
En total son máis de quince procedementos distintos que teñen por obxectivo que unha pequena peza orgánica do noso pasado nos amose, por primeira vez, datos únicos sobre os homes e mulleres da época dos castros. AÃnda falta traballo de anos por facer ao redor do fragmento, pero a antropóloga anticÃpanos que os resultados van chamar a atención. Entrementres, agardaremos expectantes a que se abra esta fiestra á Idade do Ferro.