O Monte do Facho (HÃo, Cangas do Morrazo) tense convertido nun lugar famoso nos últimos anos polas escavacións que sacaron á luz a existencia dun santuario galaicorromano dedicado ao deus Berobreo fundado a partir do século III d.C., nun espazo cunhas vistas impresionantes sobre a Costa da Vela. Pero agora sabemos por que o santuario está alÃ. Segundo unha nova interpretación presentada polo arqueólogo José Suárez, trescentos anos antes do santuario galaicorromano, o castro todo era un complexo relixioso, con pequenos templos dedicados ás deidades galaicas e espazos para banquetes rituais.
Un dos aspectos máis discutidos e procurados da Idade do Ferro en Galicia é a existencia de santuarios e espazos de culto ás divindades. Malia a existencia de numerosas teorÃas, de indicios e dun numeroso rexistro de deuses galaicos testemuñados en aras de época romana –case sempre desprazadas do seu descoñecido lugar orixinal-, os espazos de culto do tempo dos castros, ao igual que os enterramentos, son esquivos desde o punto de vista arqueolóxico. As prácticas e as crenzas a penas deixan restos se non hai un templo no que se practiquen.
Pero a nova interpretación que aporta José Suárez, arqueólogo escavador do castro do Monte Facho, pode axudar non só a enfocar investigacións do futuro, senón tamén "a reinterpretar moitas cousas que se atoparon en castros desde hai trinta ou corenta anos, que eran anómalas e non tiñan explicación", afirma o especialista. O arqueólogo publicou recentemente a súa interpretación en Portugalia, unha coñecida revista académica portuguesa que homenaxeou no seu último volume ao catedrático de ArqueoloxÃa da USC Fernando Acuña Castroviejo.
Unha longa secuencia cultural
Para comprendelo, imos situarnos no Monte Facho. Este importante sitio arqueolóxico, declarado Ben de Interese Cultural, está ubicado na parroquia de HÃo, en Cangas. É un lugar cunha dilatada secuencia cultural. "Comeza cun importante episodio no Bronce final do que aÃnda temos poucas noticias, despois está o que pensamos que era un castro e por último o episodio do santuario de época galaicorromana tardÃa, entre o século III e o V. E, por último, o monte foi empregado polo sistema de vixilancia costeira da Coroa Española entre os séculos XVII e XIX", resume José Suárez. Deste último momento é a famosa garita de pedra que está ubicada no cumio do monte, cunhas impresionantes vistas sobre a Costa da Vela, as Illas CÃes e o Cabo Home.
O Facho foi escavado inicialmente polo Instituto Arqueolóxico Alemán para estudar un lugar único. Unha comunidade galaicorromana fora colocando, na parte máis alta do monte, sobre as ruÃnas dun antigo castro abandonado trescentos anos antes, unha sorte de "bosque de aras", un conxunto de altares dedicados ao deus Berobreo colocados en terrazas, ollando para o grandioso espectáculo do mar aberto. Non sabemos moito sobre Berobreo, agás que o seu nome é de cerna galaica e que a xente lle pedÃa pola súa saúde. O concello de Cangas quixo levar a escavación máis alá, e José Suárez fixo varias campañas de escavación no castro, ubicado a menor altura que o santuario galaicorromano. Durante os traballos Ãa detectando anomalÃas no rexistro arqueolóxico, achados que non parecÃan corresponderse cos habituais dun castro.
"A campaña do 2008 foi a gota que colmou o vaso", sinala José Suárez, "ese ano foi o punto de non retorno na interpretación do santuario. Durante as campañas anteriores iamos atopando peculiaridades que nos intrigaban, pero é que na campaña 2008 o único que atopamos foron anomalÃas. Elementos que apuntaban a que as estruturas que escavabamos tiñan unha función allea ao doméstico".
Durante esa campaña, o equipo de José Suárez detÃvose nunha zona próxima ao cumio do castro. HabÃa catro estruturas ubicadas nunha sorte de aterrazamento, e divididas por un muro doutras. "O que alà habÃa tiña a apariencia de casas circulares co aparello tÃpico do cambio de era, a diferencia doutras zonas do castro nas que habÃa morfoloxÃas atÃpicas", indica José Suárez. Aà acababa o normal e comezaba o anómalo. "As estruturas estaban compartimentadas internamente, o cal é raro nos castros. AparecÃan outras estruturas de difÃcil explicación no interior como unhas repisas de forma cadrangular colocadas contra os muros, foxas interiores sen nada dentro que nos indicara o seu uso e algunha delas construÃda antes de facer o chan. E non habÃa fogares, só nun caso unha sorte de lareira de difÃcil explicación, sen carbóns, e asociado a ela o gravado dunha serpe", sinala José Suárez.
Vista da pedra co gravado da serpe. Foto: José Suárez
Os animais de pedra
Non era o único animal que apareceu nesa terraza. Esa última estrutura na que estaba a serpe, tiña un cipo no vestÃbulo, unha pedra fincada, con dous ollos e unha figuración da parte traseira cunhas liñas horizontais. E, no exterior, apareceron o que se coñece na plástica castrexa como amarradoiros, pedras talladas para atar animais, unha dela coa figura dun xabarÃn. Suárez asegura que estas figuras non puideron valer para atar bestas. "Estatigraficamente aparecen caÃdos da parte de riba das casas, e non ten sentido dispoñelos a esa altura para facer esa función. Por outra banda, as casas están tan xuntas que é inviable que leves os animais por alÃ". E habÃa máis elementos. Unha das casas tiña un betilo, unha pedra cónica con finalidades rituais, dunha fonda tradición mediterránea, ancrado na porta da estrutura.
Vista dun dos amarradoiros con cabeza de animal. Foto: John Patterson/Instituto Arqueolóxico Alemán
A estas alturas, Suárez xa tiña claro con que se atopaba. As estruturas desa terraza "son templos pequeniños dedicados a deidades concretas relacionadas con animais. Un deles asociado a un xabarÃn, outro a un carneiro, animais que son habituais no ámbito castrexo. Nesta campaña atopámonos cunha plástica non naturalista e cunha iconografÃa máis complexa de detectar. As repisas só poden ser identificadas como altares ou lugares para colocar ofrendas. Son frecuentes no ámbito ibérico ou no mundo hispano occidental".
Todo isto levoulle a Suárez a cambiar a visión total do castro. "Todo o castro está dedicado ao culto", afirma, "con partes diferenciadas no seu interior. Na zona inferior atopamos estruturas de maiores dimensións que parecen acoller outro tipo de ritos, con máis xente e con elementos vinculados á comensalidade, aos banquetes rituais. E na zona superior, antes do cumio, estes edificios de culto relacionados con deidades concretas. Por último, no cumio, chama a atención a ausencia de materiais de época castrexa". Este fenómeno das croas baleiras é relativamente habitual no mundo galaico, onde desde Asturias ata o norte de Portugal se atopan castros que teñen baleira e sen estruturas a zona central, ás veces delimitada cunha muralla.
Paralelismos
Un castro que parece un lugar para vivir pero que en realidade, é un lugar para falar cos deuses. Para José Suárez, o Facho é un espazo con solucións particulares que pode atopar paralelos con outros sitios pero só de maneira parcial. "Lévase especulando desde hai tempo no mundo da Galia coa posibilidade de existencia de oppida (cidades fortificadas) santuario, pero nunca se definiran. No mundo celtÃbero temos espazos de culto dentro de grandes asentamentos. Repisas asà atopamos no mundo ibérico, galo, celtÃbero. Foxas, tamén. A plástica zoomorfa tamén, en moitos lugares. Os betilos eas estelas tamén existen noutros sitios. Hai confluencias parciais pero non globais".
Pero malia sinalar a especificidade do Facho, Suárez cre que a súa proposta pode ter un gran valor para a arqueoloxÃa galega. "Vai permitir reinterpretar castros escavados hai trinta ou corenta anos, que de aquela xa tiñan anomalÃas pero como estaban mesturadas no espazo doméstico ficaban apartadas. Isto vai permitir tamén saber no futuro, cando vas traballar, onde te moves, se nun castro convencional ou noutro dedicado ao culto, ou vas poder identificar as zonas de culto nos castros".
Unha das consecuencias prácticas do que o arqueólogo propón é pensar de novo os chamados amarradoiros, un tipo de obxecto que se atopa con certa frecuencia nos sitios da Idade do Ferro."Estes lugares permitirán identificar relacións entre espazos e deidades. Esta reinterpretación non é só estilÃstica, senón que nos pode achegar ao mundo da ritualidade e do culto".
TerÃan moitos dos castros que hoxe visitamos espazos de culto que non foron ou non puideron ser interpretados como tales? PoderÃan ser algúns destes castros lugares nos que non se vivÃa, senón aos que se acudÃa a celebrar rituais en momentos determinados? Sabedor das polémicas e dos debates que xeneran estas interpretacións, Suárez quere deixar clara a súa posición. "Eu fago unha defensa da arqueoloxÃa da relixión, ou do ritual, desde a perspectiva dos datos concretos e precisos. É posible un achegamento a estes ámbitos complexos e inmateriais a través da propia arqueoloxÃa con claves arqueolóxicas. A min non me doen prendas en recoñecer que tardei anos en chegar ata aquÃ. Foi un proceso difÃcil. Pero escavando certa estensión, con coidado e estando aberto a estas posibilidades podes chegar a estas interpretacións".