O Instituto de Estudos Carballineses presentou o número XXXIII da revista Ágora do Orcellón, unha publicación que acolle unha miscelánea de traballos históricos, científicos, de reflexión e literario. Desta volta, o volume conta con artigos sobre o verbo dos canteiros, a cargo de Xesús Antonio Gulías, sobre María Victoria Moreno, escrito por Xesús Alonso Montero ou de Estanislao Fernández de la Cigoña, sobre o Puzo do Lago, en Maside, entre outros moitos contidos.
Valentín García Gómez participou este mediodía no acto de presentación do XXXIII volume da revista Ágora do Orcellón, que edita o Instituto de Estudios Carballineses coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Valentín García destacou a variedade e relevancia, non só para a comarca do Carballiño, senón para toda Galicia, dos traballos que compoñen o último número de Ágora do Orcellón, unha publicación que divulga cultura e ciencia en galego desde un compromiso sincero coa realidade da nosa comunidade.
A canda o secretario xeral de Política Lingüística participaron na presentación Francisco Fumega, alcalde do Carballiño; Avelino Muleiro, director do Instituto de Estudios Carballineses; Camilo Fumega Ucha, astrónomo a quen se lle dedica un dos artigos da revista; e os colaboradores deste número de Ágora do Orcellón Antón Pulido, Estanislao Fernández de la Cigoña, Ana Isabel Rodríguez, Manuel Mandianes e Xesús Alonso Montero.
O número XXXIIII da revista Ágora do Orcellón ábrese cunha presentación do director do Instituto de Estudios Carballineses, Avelino Muleiro, e continúa cunha serie de artigos de temas variados que van desde a erradicación da hepatite C (a cargo de María Crespo Leiro e Ventura Ferrer Castro) ou a historia da farmacia no século XVIII (da autoría de Miguel Soaje Álvarez) ata o verbo dos canteiros (de Xesús Antonio Gulías) ou a autora homenaxeada o pasado Día das Letras Galegas (de Xesús Alonso Montero).
Completan o volume as colaboracións de Fernández de la Cigoña Núñez (O puzo do Lago visto por un naturalista), Mercedes Losada (Escoitando o silencio), Ana Isabel Rodríguez Bernárdez (Camilo Fumega Ucha: unha vida mirando o ceo), Adolf Tobeña (Urxencias secesionistas en Cataluña: adoutrinamento mediático e presión social e A Cataluña atrincheirada: unha aventura secesionista atrapada nun empate etnopolítico), Domingo Dacal Morgade e Xosé Dacal Londoño (O home das tres vidas: Cristóbal Pedro Colón Álvarez de Soutomaior. Colón e o mosteiro de Guadalupe) e Manuel Mandianes (Viaxe sen retorno).