A Deputación da Coruña daba a coñecer onte o fallo do IX Premio RosalÃa de Castro de promoción do galego nas súas dúas modalidades. O xurado recoñeceu nesta ocasión o traballo da Galipedia na categorÃa de colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega e no grupo musical Pirilampo no apartado de proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade. Cada un dos gañadores recibirá un premio en metálico de 3.000 euros.
No caso da Galipedia, o fallo destaca o ser este "un proxecto dinámico, amplo e en constante actualización que chega e implica a moitos e diversos sectores da poboación e que promove a visibilización e o prestixio da nosa lingua, tanto dentro como fóra de Galiza". Tamén se valora que sexa un "proxecto colaborativo, aberto á participación e caracterizado pola diversidade (xeográfica, de idade, de intereses, de xénero...) ademais de "contribuÃr a divulgar o coñecemento desde unha perspectiva propia como galegas e galegos para transmitir a nosa visión do mundo e difundir a nosa realidade como pobo". Pola súa banda, o traballo de Pirilampo foi recoñecido "pola súa traxectoria consolidada no tempo de transmisión da lingua entre a xente miúda coa implicación das familias e das escolas". O xurado destacou tamén o seu labor de "achegar á infancia á realidade máis próxima dun xeito positivo, lúdico, moderno e divertido" e por "contribuÃr con novos materiais á socialización da infancia en lingua galega".
O xurado estivo composto polas técnicas de normalización lingüÃstica do Concello da Coruña e da Universidade da Coruña, Nuria Seoane Bouzas e Marisol RÃos Noia ademais de por Anxa González Refoxo, da AS-PG e Rosa Moreiras Cuñarro, da CTNL, como representantes dos proxectos gañadores na última edición do premio. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Lingua da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn Rei, presidiu a xuntana e actuou como secretaria a técnica de normalización lingüÃstica da Deputación da Coruña, Dores Sánchez Alegre.