A Academia Galega do Audiovisual (AGA) e o Concello da Coruña veñen de asinar un novo convenio de colaboración, por valor de 80.000 euros, que coloca á cidade herculina no epicentro da actividade audiovisual de Galicia. Carlos Ares, presidente da AGA, e José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña anunciaron a ampliación da colaboración entre ambas as dúas institucións. En virtude do novo convenio asinado entre elas, hoxe mesmo abriuse unha Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO, dispoñible na web aco.gal) e a partir do 26 de xuño estará dispoñible na Sede Electrónica do Concello da Coruña un Manual de rodaxe e os formularios para a solicitude dos permisos de gravación na cidade. Ademais, no último trimestre do ano desenvolverase na cidade un completo Plan de formación. Todo isto, súmase á colaboración do Concello na celebración dos XVII Premios Mestre Mateo a próxima primavera e da III Semana das Músicas no Audiovisual (SEMUA) o próximo outono e na elaboración e difusión dos Papeis da Academia, que lle tomarán o pulso ao sector ao final do ano.
O Manual de Rodaxe recolle os distintos procedementos e protocolos a seguir para formalizar a solicitude de permisos de rodaxe, asà como as normas e obrigas que se deben cumprir no momento de levala a cabo. A iniciativa tamén inclúe documentos especÃficos, como un formulario abreviado de comunicación de rodaxe, para filmacións de equipos de menos de 10 persoas e que non impliquen reservas de espazo ou estacionamento, co obxectivo de axilizar asà tanto as solicitudes como as concesións de autorizacións, ademais de ter un rexistro completo e ordenado de todas as solicitudes que se xeren. Nunha segunda fase do proxecto, crearase unha base de datos que recollerá fotografÃas e información das localizacións máis representativas da cidade, asà como dun directorio de empresas e profesionais do sector audiovisual local ao estilo das Film Comissions.
A Oficina de Cooperación Audiovisual asà como a plataforma web que dá soporte á mesma, ofrece asesorÃa profesional para proxectos en fase de desenvolvemento e/ou difusión, a través un equipo de asesoras e asesores vinculados ao mundo do cinema, televisión, produción, creación audiovisual contemporánea asà como narrativas interactivas, transmedia e videoxogos. Tamén conta cun repositorio de recursos, que presenta un directorio de páxinas web con elementos que dan conta dos distintos pasos necesarios á hora de poñer en marcha un proxecto audiovisual, e un espazo de consultorÃa fiscal, laboral e xurÃdica para sociais e socios da AGA.
Plan de formación
Ademais destas dúas iniciativas, tanto o Concello da Coruña como a AGA impulsarán neste 2018 un Plan de Formación "ambicioso", segundo apuntou Carlos Ares, que estará acompañado pola celebración de distintas accións vinculadas coa educación e a formación audiovisual. AsÃ, contra o último trimestre do ano, ofertaranse actividades de reciclaxe para profesionais en activo, “coordinado con todas as asociacións profesionais do sector audiovisual galego”, salientou o presidente da AGA. En paralelo, e de cara ao inicio do curso escolar, impulsarase a celebración dun espazo de encontro, debate e reflexión dirixido ás persoas