Esta é unha semana de despedidas cada dÃa no Diario Cultural da Radio Galega antes da fin da súa temporada o vindeiro luns e, segundo o previsto, do programa en si. As cinco persoas colaboradoras habituais do programa , algúns deles durante máis de dúas décadas, están estes dÃas rematando amargamente as súas seccións no programa. Hoxe ás tres da tarde será o último mércores que se escoite nese programa a crÃtica de arte a cargo de Natalia Poncela, colaboradora habitual desde 2007 e o lunso foi a quenda de despedida de UxÃa Senlle nas súas crÃticas musicais. Tamén onte a crÃtica literaria MarÃa Xesús Nogueira fixo a súa última achega ao programa. Elas tres xunto a Miguel Anxo Fernández e Antón Lopo, os outros dous colaboradores, asinan e veñen de facer pública unha carta aberta dirixida a Tania Fernández Lombao, Xefa de Programas da Radio Galega. Na carta expresan o estupor con que asistiron ás xustificacións e detalles sobre o proceso de desaparición do programa para convertilo no vindeira temporada "nunha aparatosa sucesión de fragmentos". Para os asinantes a decisión supón "a destrución dun tecido radiofónico de probada efectividade informativa" con case trinta anos en antena e dunha calidade indiscutible. Estas cinco colaboracións, que representan a crÃtica de arte, teatro, literatura, audiovisual e música, ven no formato de programación cultural en anacos anunciado pola dirección da Radio Galega a anulación de calquera posibilidade de análise crÃtica das distintas realidades artÃsticas "que contribúa a xerar a normalización e profesionalización do tecido cultural galego". Nas circunstancias actuais estes colaboradores solicitan da directora de programas unha reflexión que reconduza a situación e a través da carta comunican a súa desvinculación co programa a partires da fin da temporada o vindeiro luns.
Carta de colaboradores e colaboradoras do Diario Cultural a Tania Fernández Lombao.