Presentan un volume que compila a obra intelectual dos Valladares de Vilancosta

Foi editado polo Centro Ramón Piñeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

É un libro que son moitos libros. Porque edita o longo traballo do radiólogo e catedrático da USC Carlos Ferreirós Espinosa, que cando se xubilou pasou os días no casal familiar de Vilancosta, na parroquia de Berres (A Estrada), organizando e describindo o dilatado legado cultural deixado polos seus devanceiros desde finais do século XVIII. O legado dos Valladares de Vilancosta, editado por Armando Requeixo desde o Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades, son máis de 700 páxinas que conteñen todo tipo de materiais: desde poesía en galego e castelán ata cartografía, memorialística, anacos de discursos políticos, epístolas...todo procede do traballo previo das figuras literarias que habitaron a casa, desde Marcial Valladares, autor da primeira novela en galego ata poesía feminina en galego do Rexurdimento, algunha dela inédita, de Avelina Valladares ou Luísa Valladares, textos de Xosé Valladares e outros dos habitantes da casa. O libro permite unha aproximación á obra e vida dunha familia culta da aristocracia galega do XIX, documentando un xeito de vivir e de pensar.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Centro Ramón Piñeiro, Poesía, Marcial...