Cunha carta aberta ao presidente da Xunta catro entidades reintegracionistas (A Academia Galega da LÃngua Portuguesa, a Associaçom Galega da LÃngua, a Fundaçom Meendinho e mais a Associaçom de Estudos Galegos) denunciaban esta semana a falta de cumprimento da Lei Paz Andrade para o Aproveitamento da Lingua Portuguesa e VÃnculos coa Lusofonia que se aprobou no Parlamento Galego en 2014. Os colectivos asinantes da carta sinalan que este texto, promovido a través dunha iniciativa lexislativa popular con máis de 17.000 adesións, conta cun "nulo desenvolvimento jurÃdico" ademais de "um nÃvel de aplicação Ãnfimo e testemunhal nos âmbitos de atuação previstos". Ao ver destas entidades as iniciativas que se desenvolveron durante estes anos non pasan "de medidas provisórias e parciais, que dão nas vistas mas carecem de orçamento e garantia de continuidade".
Entre os incumprimentos denunciados está a escasa implantación do portugués como lingua optativa na rede de centros de ensino de Galicia, o pouco desenvolvemento dos intercambios entre a CRTVG e a RTP, a falta de medidas para contar cun corpo de docentes de portugués no paÃs ou a inexistencia dun "grupo de trabalho ou da nomeação de um cargo especificamente dedicado à CPLP ou à s relações bilaterais com paÃses do espaço lusófono".
Precisamente a este texto se fixo mención durante a Comisión 4ª de Cultura do Parlamento de Galicia que se celebrou esta mañá. Na mesma, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, deu conta das medidas que desenvolveu o Goberno Galego a prol do cumprimento desta Lei. Segundo defendeu está a se dar unha implantanción progresiva da lingua no ensino secundario onde hai 2.647 estudantes, medio cento máis do que no pasado curso, que ascenden ata un total de 3.702 persoas a contar aquelas que estudan nas escolas de idiomas. En paralelo, sete centros centro participan das sección bilingües e incrementáronse as actividades de formación para facilitar o coñecemento do portugués entre o profesorado e os traballadores da administración. A este respecto, GarcÃa sinalou que o Goberno pretende ofertar o ensino desta lingua onde se dea demanda, e que ao seu ver, a percepción xeral de que non cómpre estudar portugués de xeito regrado para o comprender fai que en moitos casos esta demanda sexa baixa.
A nivel de intercambios culturais, GarcÃa destacou o desenvolvemento de programas de intercambio como o Nortear, Converxencias Portugal-Galicia, o certame Ari(t)mar ou as coproducións teatrais que ten desenvolvido o Centro Dramático Galego entre outras propostas como a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. No ámbito audiovisual, para alén da coprodución entre a CRTVG e a RTP da serie Hotel Vidago, destacou a actual emisión de Morangos con açúcar en versión orixinal na segunda canle da TVG acompañada de espazos para facilitar a aprendizaxe de portugués, e adiantou a vindeira produción de Verão M unha nova serie que detallará historias de xente nova que vive das dúas bandas da raia. Ao tempo, sinalou que a proposta para facilitar a emisión da canles de televisión portuguesas no noso paÃs e á inversa elevouse á FORTA.
Os grupos da oposición coincidiron en sinalar a ausencia de planificación na aplicación da lei, e o tempo que denunciaron o incumprimento sistemático do artigo 5 da mesma, que obriga á Xunta a presentar un informe anual coas accións desenvolvidas no marco da mesma e as previsións para o seguinte ano. Ademais, compararon a situación da lingua no noso paÃs fronte a casos como Estremadura, que conta cunha extensa rede de centros e milleiros de alumnos que apostan por aprendela.
Desde o BNG Olalla Rodil denunciou, ademais da insuficiencia das medidas adoptadas pola Xunta, a deceleración na implantanción do portugués no ensino do paÃs e coincidiu cos outros grupos da oposición en sinalar a ausencia da convocatoria de prazas para formar un corpo especÃfico de profesores de portugués, o que deixa no voluntarismo de ensinantes, asociacións de nais e pais e de alumnos a incorporación da lingua á oferta educativa. Na mesma liña, desde o grupo socialista a deputada Concepción Burgo sinalou a non existencia de responsable da relación coa lusofonÃa no goberno autonómico, mentres Luca Chao, de En Marea, cifrou en só un 10% da rede de ensino pública a que ten oferta portugués no seu programa fronte a un 71% en estremadura.