Aínda que é hoxe cando se celebra o Día do Libro a coincidencia cun luns facilitou que na fin de semana xa fosen moitas as actividades e iniciativas arredor desta efeméride desde o venres. É o caso por exemplo do MARCO de Vigo e da biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña que estiveron desde o venres participando nunha actividade de "Bookcrossing" ou Campaña de liberación de libros preparada por 58 centros de arte e museos de toda España. Para conmemorar esta data, as bibliotecas de xestión autonómica adscritas á Consellería de Cultura e Educación, así como algúns dos museos e arquivos dependentes deste departamento, desenvolven unha programación específica, dirixida á promoción do libro e da lectura. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña contan tamén cunha programación especial de actividades dirixidas a todos os públicos que xa comezaron o sábado cun contacontos e hoxe pola tarde sucederanse as actividades en distintos centros da rede de bibliotecas. Entre hoxe e o día 27, celébranse nas rúas do Castrillón coa colaboración da asociación veciñal IAR Castrillón, lecturas en voz alta, intercambio de libros e tardes de conto. Moitas librarías presentan descontos nesta xornada e son varias as presentacións de libros que se fan. A Asociación Galega de Editoras (AGE) celebra o Día do Libro cun comunicado expresando a súa preocupación pola situación do sector. A AGE lembra as cifras tiradas do Informe sobre Datos da edición en Galicia 2006-2016 publicado estes días polo Consello da Cultura Galega para lembrar a extrema gravidade do momento.
Compostela tira de Hans Christian Andersen
En Compostela a Rede de centros cívicos municipais organiza desde a pasada semana múltiples actividades para esta celebración internacional dando amplo protagonismo á obra do autor infantil Hans Christian Andersen cun amplo calendario de actividades que se desenvolverán nos centros de Fontiñas, Vite, Santa Marta e Conxo. A programación inclúe exposicións, lecturas de textos, obradoiros infantís e trocos de libros. No centro de Vite xa se pode visitar unha mostra sobre Hans Christian Andersen. No centro de Fontiñas tamén se vai abrir unha mostra sobre Hans Christian Andersen, a partir o 24 de abril; e en Santa Marta haberá unha exposición que recollerá as recomendacións literarias da veciñanza. Neste caso, está previsto que a mostra quede instalada coincidindo co Día das Letras Galegas, o 17 de maio.
A RAG non esquece o Pergamiño Vindel
Pola súa banda a Real Academia Galega abre hoxe unha mostra con pezas significativas arredor do Pergamiño Vindelm xa está de volta ao outro lado do Atlántico, na Morgan Library de Nova York, despois de permanecer durante seis meses en Vigo. Co gallo do Día do Libro, a Real Academia Galega volve deterse nesta obra central da nosa literatura medieval cunha mostra das pezas máis significativas arredor dela que custodia a biblioteca da institución. Entre elas poderán verse, do 23 de abril ao 4 de maio, o artigo na revista Arte Español do libreiro que lle deu nome, Pedro Vindel, no que anunciaba, en febreiro de 1914, a súa descuberta e un dos escasísimos exemplares do libriño que publicou un ano despois de atopalo por casualidade, que inclúe unha edición facsimilar deste tesouro. Esta copia foi a que empregou o académico Eladio Oviedo y Arce para o seu estudo sobre o pergamiño, outra publicación singular que tamén forma parte da mostra. Ademais dos títulos xa mencionados, exporase o primeiro traballo cualificado sobre o Pergamiño Vindel, A propósito de Martim Codax e das suas cantigas de amor, asinado en 1915 por Carolina Michaëlis de Vasconcellos, unha edición facsimilar do Pergamiño editada por Moleiro e outras obras actuais sobre o manuscrito.