Ponte nas Ondas recompila nunha nova publicación o acervo cantado común entre Galicia e Portugal

Celebra o Día do Patrimonio Inmaterial

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ponte nas Ondas recompila nunha nova publicación o acervo cantado común entre Galicia e Portugal

Hoxe, venres 17 de outubro, a UNESCO celebra o Día do Patrimonio Inmaterial. Para celebralo, a asociación Ponte nas Ondas fai público o Cancioneiro Galego Portugués, presentado hoxe na Deputación da Coruña, patrocinadora da publicación. que inclúe propostas e suxestións didácticas para traballar con el como ferramenta nos colexios. Nesta publicación, que homenaxea a tradición lírica medieval galega e portuguesa, dous especialistas en literatura oral, Domingo Blanco para Galicia e Carlos Nogueira para Portugal "van ao encontro e ao estudo das analoxías e afinidades das letras que atravesan fronteiras e xeracións". Con ilustracións de Carlos Meixide, o Cancioneiro incorpora no seu web un conxunto de gravacións para escoitar a interpretación das pezas. A publicación pódese descarar de balde no web de Ponte nas Ondas.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Cancioneiro, Carlos Meixide, Literatura...

Claves

Protagonistas
Lugares