Hai agora dez anos que a UNESCO debatÃa a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués a Obra Mestra da Humanidade. A conmemorar este evento e reivindicar o recoñecemento pendente para este legado, Ponte... nas Ondas! inclúe na Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa que celebra hoxe unha gala especial. A Mostra desenvólvese ao longo dÃa no Auditorio Municipal de Tui baixo o lema Temos Patrimonio! coa presenza do alumnado de centros de ensino das dúas bandas da Raia e con convidados como Xurxo Souto, Tradisón, A Gramola Gominola, ou a compañÃa de teatro Os tres irmãos e outras historias de amor.
A partir das oito e media da tarde, o recinto acollerá a Gala do Patrimonio, na que participarán Malvela, Vozes da Rádio, as Cantadeiras do Neiva de Viana do Castelo, Quico Cadaval, UxÃa ou Augusto Canario. Para alén de lembrar os dez anos da candidatura, con este acto, Ponte... nas ondas! quere "convocar a cidadanÃa a defender este patrimonio común e a reivindicar que os tempos son chegados para que as administración realicen o proceso de inscrición deste patrimonio na Lista Representativa da UNESCO".