
Os actos deste aniversario prolongaranse ata novembro, cando se celebrará un congreso centrado na converxencia entre educación, comunicación, novas tecnoloxÃas e patrimonio cultural. Dentro do proxecto, este ano verá a luz o libro-disco Cores do Atlántico que recolle a presenza das cantigas de amigo nas dúas bandas do Océano Atlántico.
Como xa anunciara, o proxecto Ponte... nas ondas! pretende desenvolver neste 2009 o Sistema dos Tesouros Vivos na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. O proxecto quere protexer o patrimonio inmaterial favorecendo o traballo dos seus portadores, para o cal xa se solicitou o apoio a diferentes administracións.