
Nese sentido, Novoneyra lembrou que a nova colección quere repasar aspectos como as festas locais e tamén o pór o foco "no xeito en que a cidade se transformou a través dos conflitos e en como a poboación respondeu aos mesmos". AsÃ, os seguintes números da colección, previstos para este mesmo ano, abordarán as revoltas estudantÃs de 1968, as festas dos diferentes barrios da cidade e, xa cara ao Nadal, a terceira entrega falará sobre a evolución dos desfiles, procesións e cabalgatas que se desenvolveron de xeito histórico na capital. A primeira entrega sae cunha tiraxe de 10.000 exemplares que se distribuirán en espazos culturais, mercados e centros de ensino entre outros lugares.