A cuarta edición da Ourense ICC Week – Marco das Industrias Culturais e Creativas presentou o seu programa completo onte na Deputación de Ourense baixo a presenza de Manuel Baltar -presidente da Deputación-, Juan Rivas e Manuel Araújo -coordinadores do proxecto-. O evento, que aglutinará máis de 100 horas de actividade e case unha vintena de ponencias, comezará o próximo 2 de maio cun acto sobre o mundo do deseño no que se xuntará a Bárbara Ouka Leele -fotógrafa e deseñadora-, Paco Clavel -artista e axitador cultural-, e Juan Sánchez -documentalista e comisario cultural-, para rematar nunha conversa arredor da Cultura no deseño que terá como protagonistas á ourensá MarÃa Grande, e a Javier Mariscal, Premio Nacional de Deseño. Ao longo da semana debaterase en diversos lugares da provincia sobre a fotografÃa, a música, o cinema, a arqueoloxÃa, o humor, as TICs, o gaming, e a xestión cultural.
Ademais da programación musical que xa se avanzou anteriormente a industria musical centrará o seu discurso nunha xornada na que os músicos e compositores Nacho GarcÃa Vega e Luis Mendo Músico falarán arredor da Supervivencia na xungla dixital. Ademais, J. M Sastrón, presidente de Sociedade Xeral de Autores e Intérpretes, entregaralle o Premio Musa SGAE a Yosi DomÃnguez, integrante da banda ourensá Los Suaves, en recoñecemento á súa traxectoria. Durante a celebración da ICC Week entregarase tamén a primeira edición do premio "Rodolfo Prada á xestión cultural", un galardón instaurado pola Deputación de Ourense co obxectivo de recoñecer o labor que realizan os traballadores e traballadoras da cultura en Galicia.
O patrimonio rupestre europeo
Coincidindo co Ano Europeo de Patrimonio Cultural, no que ao longo deste 2018 se celebran a diversidade, a historia compartida e a riqueza cultural na Unión Europea, ICC Week contará cunha das súas grandes novidades: un simposio internacional de grandes especialistas en patrimonio que levará por tÃtulo O Patrimonio Rupestre Europeo. A actividade estará coordinada polos profesores Jorge López Quiroga (Universidade Autónoma de Madrid) e Carmela Crescenzi (Universidade de Florencia) e terá como centro do debate a investigación, a xestión, a difusión e o patrimonio cultural visto non só como un legado do pasado, se non tamén como un recurso para o noso futuro. A xornada desenvolverase nun dos grandes tesouros arquitectónicos de Ourense, San Pedro de Rocas, da man de expertos internacionais en materia de patrimonio, como son os italianos: Domenico Caragnano e Antonio Mastrángelo, o grego Theodoros Ganetsos ou o Búlgaro Alexey Zhalov, ademais dos xa citados coordinadores.
Audiovisual, tendencias dixitais e videoxogos
No eido audiovisual estará en Ourense a directora e guionista, Gracia Querejeta. Tamén estará representadas as mulleres da tecnoloxÃa dixital, creadoras e expertas en tendencias de máxima actualidade como son a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo do software e a gamificación ou a economÃa colaborativa. Para afondar neses e moitos outros temas, a ICCWeek contará coa presenza de Luz Castro -formadora no Máster de Marketing Dixital da USC e profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña-, Cynthia Gálvez -organizadora do Women TechMaker Zaragoza e da comunide Mulleres Tech-, e de Sara RodrÃguez -manager de asuntos públicos e regulatorios en Adigital e en Sharing España-. Como novidade nesta edición terá lugar o ICC Gamers, un evento que xirará arredor do fenómeno dos videoxogos e os e-sports. Na programación desta edición destaca tamén o tratamento do humor como industria cultural e creativa para o cal se conta coas intervencións do presentador Juanra Bonet, a escritora Moderna de Pueblo e os humoristas e guionistas Alberto Casado e Rober Bodegas. Ademais, tamén terá lugar un espectáculo de comedia a cargo de “Pantomima Full”, o sábado, 5 de maio, ás 20.00 horas, no Teatro Principal da cidade.