Unha vaga de novas bandas deseñadas de autores galegos están a ver a luz no comezo desta primavera. Así, está a se presentar e a chegar a casa dos seus mecenas Ricardo Mella. O home novo. Ramón Trigo ilustra un guión do seu irmán José sobre a vida do escritor e pensador libertario Ricardo Mella, considerado o máis brillante teórico do anarquismo ibérico. A obra, autoeditada, ve a luz en galego e en castelán logo dunha exitosa campaña de crowdfunding.
Pola súa banda, Alberto Taracido debuta como autor de novela gráfica con Mr Crabb y el Paraíso. A editora Loco Rabia publica esta historia de máis de dúascentas páxinas na que dous altos cargos do goberno británico e un empresario atópanse perdidos no medio de África.
Finalmente a Deputación da Coruña presentaba o pasado 20 de marzo a publicación de O Corpo de Cristo, a obra coa que Bea Lema se fixo co XII Premio Castelao de Banda Deseñada. A historia, baseada na experiencia persoal da autora, narra a historia dunha nena que afronta a enfermidade mental da súa nai e axúdaa a ser consciente da doenza.