Identifican unha forma humana nas pinturas rupestres de Baleira

Remata a primeira campaña de intervención arqueolóxica

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

En agosto de 2017 saltou aos medios a noticia da descuberta de pinturas rupestres nunha cova do concello de Baleira (Lugo). Debido ás circunstancias xeolóxicas de Galicia, tanto a existencia de covas como a conservación das súas pinturas é un fenómeno moi pouco usual. Un equipo dirixido polo arqueólogo Carlos Rellón, da USC, realizou a primeira intervención científica na cova, asumida economicamente pola Xunta de Galicia. Entre os primeiros resultados, os especialistas determinaron que a cova ten once paneis de arte rupestre con motivos esquemáticos e un deles contén a figura dun antropomorfo en relevo. Segundo indicou Rellón, "combina o debuxo co gravado e pódese identificar a unha persoa cos brazos levantados". A escavación, que consistiu en tres sondaxes máis diferentes técnicas de documentación do sitio arqueolóxico, permitiu localizar mostras de cerámica, ferramentas ou ósos que aínda están en fase de estudo. Os investigadores teñen a hipótese de que se poida tratar dunha zona de enterramento.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cova que garda unha igrexa

A cova que garda unha igrexa

A intervención en San Xoán Vello (Viveiro) revela a primeira igrexa construída no interior dunha cova de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Debuxo, Xunta de Galicia, USC, Lugo...

Claves

Conceptos
Lugares