Os Premios do 36 Saló del Còmic de Barcelona contan con presenza galega en dúas das súas catro categorías. En concreto, a pontevedresa Begoña García-Alén é candidata a se facer co galardón á autora revelación polo seu traballo Nuevas estructuras, que publicou con Apa Apa Cómics. A autora, que publicou a maior parte da súa obra co selo vigués Fosfatina, compite nesta categoría con Ana Penyas, Anabel Colazo, Jandro González e Victor Puchalski.
Por outra banda, a cabeceira coruñesa Altar Mutante opta ao premio ao mellor fanzine. Este proxecto, dirixido por Álvaro López e Luis Sendón conta con colaboradores do país como son Manel Cráneo, Kike Benlloch, Xulia Pisón, Diego Blanco ou Debelius e vai xa polo seu sexto número.
Os nosos autores non conseguiron estar representados nas categorías de mellor obra de autor español e mellor obra estranxeira. O resultado dos galardóns, votados por profesionais do sector a nivel estatal, darase a coñecer o vindeiro 13 de abril no transcurso do Saló del Còmic. Ata o vindeiro 22 de marzo está tamén aberto o prazo das votacións populares. É de destacar que por primeira vez a metade das candidaturas aos premios son de autoría feminina.