Os galardóns do sector do libro, os Premios da III Gala do Libro Galego, teñen xa finalistas. A Asociación Galega de Editoras, a Federación de Librarías de Galicia e mais a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega daban a coñecer onte a listaxe de obras e proxectos que optan ás 15 categorías convocadas. Como novidades, nesta xeira a antiga modalidade de literatura infantil e xuvenil desdóbrase e incorpóranse premios á obra de divulgación, á banda deseñada e ao libro mellor editado. Ademais, as modalidades Iniciativa cultural ou de fomento da lectura, Proxecto literario na rede e Xornalismo cultural, que, anteriormente premiaban o traballo realizado no ano previo, pasan a recoñecer a traxectoria de varios anos, segundo informan os organizadores.
Estes premios, sen dotación económica, queren "recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2017 en Galicia". Os membros das entidades convocantes seleccionaron por votación as propostas finalistas, que serán agora avaliadas por un xurado externo que escollerá os gañadores. Os galardóns entregaranse na Gala do Libro Galego que se celebrarán e Compostela o vindeiro 19 de maio.
Entre estes candidatos, é de destacar o feito de que dúas das catro candidaturas da modalidade de narrativa están en galego reintegrado e corresponden a Através Editora. Ademais, a banda deseñada Alter-Nativo da flamante Aira Editorial consegue tamén introducirse nos nomeados á obra mellor editada. Tamén Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo e publicado por Chan da Pólvora consegue dúas candidaturas nas categorías de Infantil e de Mellor libro ilustrado. Esta libraría e editora acumula cinco nomeamentos, con opcións tamén en Poesía e Libro Mellor Editado (por Camuflaxe, de Lupe Gómez) e mais na de Iniciativa cultural ou fomento da lectura.
Nesta última categoría tamén están presentes a Biblioteca Neira Vilas de Vigo, o Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega (esta segunda iniciativa xa premiada no pasado ano como Proxecto Literario na Rede) e mais o Festival Viñetas desde o Atlántico.
Desta volta, o mellor Proxecto literario na rede escollerase entre BiosBardia e Caderno da crítica, xa candidatos no pasado ano, que compiten con Criticalia e Galicia Encantada. Finalmente en Xornalismo cultural optan ao galardón Ana Romaní (de novo), Daniel Salgado, Montse Dopico e Montse Pena Presas. Unha produción do Consello da Cultura Galega como é o catálogo Anna Turbau. Galicia, 1975-1979 aparece entre os proxectos que optan á Mellor Iniciativa editorial. A Colección Biblioteca de Teatro Chévere que publica Kalandraka sitúase con opcións nesta modalidade así como na de Mellor Obra de Teatro por Río Bravo.
Obras finalistas dos Premios da III Gala do Libro Galego, 2018
Ensaio e investigación
Amada García e os seus arredores, de Bernardo Máiz Vázquez (Edicións Embora).
Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos (Edicións Xerais de Galicia).
Margot Sponer. Do galego antigo ás fronteiras da resistencia, de Antón Figueroa (Edicións Laiovento).
Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama (Editorial Galaxia).
Divulgación
Cociña galega tradicional, de Matilde Felpeto (Edicións Xerais de Galicia).
Os nomes do terror: Galiza 1936, Xosé Álvarez Castro, Xosé Ramón Ermida Meilán; Eliseo Fernández e Xoán Carlos Garrido Couceiro (coordinadores), (Sermos Galiza).
Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, de Xurxo Mariño (Edicións Xerais de Galicia).
Universo matemático. Das ideas e das técnicas, de Antom Labranha (Edicións Xerais de Galicia).
Narrativa
Abadessa, oí dizer, de varias autoras (Através Editora).
Um elefante no armário, de Teresa Moure (Através Editora).
A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).
O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia).
Infantil
A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio (Edicións Xerais de Galicia).
Bruxa e familia, de Paula Carballeira, ilustrado por Lucía Cobo (Oqueleo).
A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia).
Tinta de luz, de Xosé María Álvarez Cáccamo, ilustrado por Berta Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
Xuvenil
22 segundos, de Eva Mejuto (Edicións Xerais de Galicia).
Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas (Edicións Xerais de Galicia).
Corredora, de María Reimóndez (Edicións Xerais de Galicia).
Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia).
Libro ilustrado
O branco non pinta!, ilustrado por María Brenn, de Antía Otero (Apiario).
As estrambóticas aventuras do Barón Münchhausen, ilustrado por David Pintor (Bululú Editorial).
A horta de Simón ilustrado por Rocío Alejandro (Kalandraka Editora).
Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora).
Libro de banda deseñada
Alter-Nativo, de Jorge Campos (Aira Editorial).
O Bichero (VII), de Luís Davila (autoedición).
Fóra do mapa, de Emilio Fonseca (Deputación da Coruña).
Licor café. 13 grolos da Nova banda deseñada galega, de varias-os autoras-es (Demo Editorial).
Tonecho, de Xaquín Marín (Editorial Galaxia).
Iniciativa bibliográfica
Anna Turbau. Galicia, 1975-1979, Anna Turbau (Consello da Cultura Galega).
Colección Xerais Básicos Ciencia (Edicións Xerais de Galicia).
Colección Biblioteca de Teatro, Chévere (Kalandraka Editora).
Mulleres bravas da nosa historia (Urco Editora).
Tradución
A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe, traducido por Isaac Xubín (Edicións Xerais de Galicia).
Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez (Kalandraka Editora).
O rapaz que nunca existiu, de Sjon, traducido por Elías Portela (Rinoceronte Editora).
Vidas imaxinarias, de Marcel Schwob, traducido por Samuel Solleiro (Aira Editorial).
Poesía
Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).
Cervatos, de Lucía Novas (Kalandraka Editora).
Culpable, de Eli Ríos (Edicións Xerais de Galicia).
Na casa da avoa, de Marta Dacosta (Editorial Galaxia).
Teatro
Marcha fúnebre para un monicreque, de Roi Vidal (Xunta de Galicia/Baía Edicións).
Na butaca. Fantasía Nº 3 en Dor Maior, de Esther Carrodeguas (Editorial Galaxia):
Río Bravo, Chévere (Kalandraka Editora).
Suite Artabria, de Manuel Lourenzo (Edicións Xerais de Galicia).
Libro mellor editado

Baixo as mesmas nubes, de Elga Fernández Lamas (Edicións Embora).

Lumes, de Ismael Ramos (Apiario).
Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka Editora).
PREMIOS ÁS TRAXECTORIAS
Iniciativa cultural ou fomento da lectura
Biblioteca Neira Vilas de Vigo.
Chan da Pólvora (proxecto de libraría e edición).
Clube de lectura feminista Libraría Lila de Lilith/Plataforma de Crítica Literaria A Sega.
Viñetas desde o Atlántico.
Proxecto literario na rede
BiosBardia, dirixida por César Lorenzo Gil, https://biosbardia.wordpress.com/
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás, https://cadernodacritica.wordpress.com/
Criticalia, de Armando Requeixo, http://armandorequeixo.blogaliza.org/
Galicia Encantada. Enciclopedia de fantasía popular de Galicia, dirixida por Antonio Reigosa, https://galiciaencantada.com/
Xornalismo cultural
Ana Romaní
Daniel Salgado
Montse Dopico
Montse Pena Presas