A quinta edición dos Premios MartÃn Códax da Música deu hoxe o seu pistoletazo de saÃda. A librarÃa NUMAX de Santiago acolleu hoxe o acto de presentación dos premios organizados pola Asociación de Músicos ao Vivo (AMV). O voceiro da asociación, Ramón Bermejo, quixo celebrar que ademais da quinta edición do premio este ano celébrase o décimo aniversario da propia AMV e tamén o inicio de actividade da cooperativa profesional Musicos ao Vivo S. Coop., unha ferramenta de profesionalización que facilitará a tramitación administrativa nas contratacións dos artistas. Desde hoxe mesmo e ata o vindeiro dÃa 18 de marzo ábrese o prazo de inscrición de candidaturas para optar a un dos galardóns. Como novidade este ano o número de categorÃas a premiar queda en quince, redúcese respecto ás 16 do pasado ano ao xuntar nunha soa as de Tradicional e Folque, que en pasadas edicións semellaban inducir a algunhas confusións polo "difuminado" da fronteira entre ambas denominacións á hora de apuntarse as candidaturas o que provocaba que nalgunha delas houbese moi poucas inscricións. Os candidatos finalistas coñeceranse o vindeiro 18 de abril e o premios se entregarán nunha gala o vindeiro 9 de maio en Pontevedra.
No acto de presentación destes V Premios MartÃn Códax participaron tamén os patrocinadores públicos e privados dos galardóns. MarÃa Garrido, directora de Marketing das Adegas MartÃn Códax manifestouse una ano máis apaixoada por este proxecto promovido pola AMV con quen as adegas, como empresa cooperativista tamén, comparten a filosofÃa do cooperativismo. Garrido sinalou que "somos dous sectores moi similares que crean riqueza e paÃs". Jacobo Sutil, director de Agadic, alabou a iniciativa de Músicos ao Vivo de constituÃrse en cooperativa e a profesionalización do sector, que é importante para a interlocución coas institucións. Xosé Leal, Deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, valorou os premios como un reflexo da potencia musical do paÃs e a idoneidade da capital do Lérez para acoller a gala.