Ediciones Balboa informa que no vindeiro nº3 da revista Buen Provecho (previsto para xullo) aparecerán traballos de Jano e do tándem Javi Montes/Kike Benlloch. Este último colabora con Manel Cráneo por partida dobre: no álbum colectivo "ArtÃculo 20" (Astiberri/Dolmen) e na revista Plug-In, que dirixe o galego Adrián López e tirará novo número para o inminente salón de Barcelona. No mesmo publicarase unha ilustración inédita de "Freda" feita ex profeso por Alberto Vázquez. Por outra banda, Benlloch e Sergio Covelo publican regularmente a serie de BD "Bit de paridade" na edición en papel da revista de novas tecnoloxÃas "Código Cero".
Coñece máis sobre Plug In e Código Cero