Marcos Calo publicará en Francia tras enviar mostras do seu traballo a través de internet

A Francia a través da Rede

Marcos Calo publicará en agosto o seu primeiro traballo en Francia despois de contactar cun guionista galo a través da páxina de Dargaud.

Desde marzo de 2003 unha serie de autores galegos de BD están vendo o seu material reproducido nun foro de novos talentos, dentro da páxina web da editorial francesa Dargaud. Nesta sección, chamada “auteurs en herbe”, viron ata agora publicados os seus deseños Kiko da Silva, Miguel Porto, Javi Montes, David Rubín, Santy, Marcos Calo, Miguel Robledo e Sergio Covelo.



Marcos Calo, ex-animador de Dygra e na actualidade autor “freelance”, encontrou a súa oportunidade para entrar no mercado francés a través doutro dos apartados do web de Dargaud, o de pequenos anuncios (“Petites annonces”) -en concreto en “Offres divers”-. Neste apartado, deseñadores e guionistas intercambian propostas de colaboración e ao autor galego valeulle para contactar con Jacky Goupil, o guionista de “A espada de cristal”. Goupil ten unha colección de libros
de humor no selo de BD Vents d'Ouest chamada "Drôles d'Histoires", e ofreceulle a Calo facer sete páxinas para o número seis deste título. Este material xa está rematado, e, en teoría, será publicado en agosto de 2003.



Non é este o único proxecto enque se embarcou ultimamente Marcos Calo, xa que está en negociacións con outra editorial, que de fructificar significarían deseñar el un álbum completo.