¿Quen dixo as primeiras palabras? ¿Como son as palabras mentres van polo aire? ¿Cantos tipos de linguaxes existen no mundo ? As respostas a estas e moitas outras preguntas está no “Verbum. Casa das Palabras”, o museo dedicado á linguaxe e ás súas múltiples formas dun xeito lúdico e interactivo que abriu as súas portas o sábado en Vigo. Co Verbum, Vigo aumenta a súa dotación cultural dedicándolle unha homenaxe á palabra e á comunicación.
Desde o século XIX coa fundación do “Faro de Vigo”, diario decano da prensa española, Vigo desenvolveu un importante labor editorial marcado por nomes propios que marcaron o seu selo na historia cultural: Galaxia (1950), Edicións Xerais de Galicia (1979), Ir Indo, A nosa terra, Nova Galicia, Edicións do Cumio.... Un innumerable número de empresas editoras que xestaron un renacer cultural da cidade viguesa, sempre á sombra do seu poderÃo industrial. E non só iso, Vigo asiste hoxe en dÃa a un renacer cultural marcado pola apertura de novos museos como o MARCO, fundacións como a Caixanova e a un número difÃcil de precisar de asociacións, que completan a oferta da cidade olÃvica como nunca tivo ata hoxe.
Nesta confluencia de iniciativas culturais de diferente Ãndole e, ao amparo de concepcións museÃsticas que suman espectáculo, didáctica e calidade na súa divulgación cultural xorde a Casa das Palabras. Por iso o Verbum promete ser moito máis que un museo, un centro lúdico cunha vocación educativa evidente.
Unha casa para a palabra
O Verbum, máis coñecido como Casa das Palabras, é unha iniciativa da ConcellerÃa de Cultura viguesa que pretende crear un centro expositivo, recreativo e didáctico, modelo inaugurado pola Casa das Ciencias da Coruña hai máis de dez anos, que ten como eixo central as palabras, os idiomas, os libros, os escritores e os falantes.
Iniciativa de Carlos PrÃncipe, concelleiro de Cultura, a Casa das Palabras, nome que se lle deu ao proxecto ata uns meses antes da inauguración, comezou a xestarse hai case tres anos e tivo un orzamento de execución de 9.349.728 euros cofinanciado nun 70% a través de axudas establecidas pola comunidade Europea mediante os Fondos Estructurais e o 30% restantes mediante financiamento municipal en virtude do Programa Operativo Local (que negociou o Ministerio de Facenda coa Federacións Española de Municipios e Provincias para o perÃodo 2000-2006 nas cidades de máis de 50.000 habitantes).
O resultado final é un edificio de tres andares de 5000 metros cadrados que pretende achegarse ao universo creado polas palabras desde diferentes puntos de vista: a linguaxe, as ciencias, a literatura e a tecnoloxÃa.
Para achegarnos á palabras
En 29 cubos pintados a empresa catalana “IngenierÃa cultural” desenvolve 83 módulos en que se achegan as diferentes unidades que forman o contido didáctico. Nesas unidades ensÃnase como o corpo humano xera palabras; achéganse á idea da voz e das palabras como realidade fÃsica; as linguas de España de Europa e do mundo; os usos das palabras en diferentes culturas; e as formas de traducir desde a pedra Rosetta á traducción con programas informáticos; outros xeitos de comunicármonos: a linguaxe dos xordomudos, o Braille, os asubÃos dos pastores, o uso dos tambores, os sinais de tráfico, a taquigrafÃa, o morse... en resumidas contas, supón un achegamento a diferentes formas da comunicación.
E este contido é o que estará na planta baixa do Verbum en que se empregaron tecnoloxÃas audiovisuais, electrónicas, escenográficas, gráficas ou informáticas, como “Poema e poemas”, unha base de datos con máis dun millón de poesÃas en castelán a través dun menú de autores.
Sobre como naceron os media
Ademais da exposición permanente a Casa das Palabras terá exposición temporais que se renovarán anualmente. Desde a inauguración, ademais da mostra didáctica están “Vigo Capital editorial” que fai un percorrido en dez paneis sobre os momentos na historia editorial viguesa que aÃnda existen hoxe en dÃa e son unha icona e signo dentro do pasado e o presente cultural galego. E xunto a ela “Noticias” unha mostra sobre a historia dos diferentes medios de comunicación: prensa, radio, televisión e internet.
Sobre os contidos, e sobre o tipo de exposicións e actividades que han de completar a filosofÃa do Verbum creouse un “comité de expertos” que está formado polos escritores Francisco Fernández del Riego, VÃctor F. Freixanes e Rosa Regás; os xornalistas Manuel Toharia, Xosé Cermeño e Carlos Luis RodrÃguez e no que tamén estará o Nóbel de Literatura José Saramago.
Con este novo edificio, co que Vigo completa a súa oferta cultural reforzada nos últimos anos, a cidade olÃvica convértese nun referente da palabra e da comunicación.