O Concello de Pontevedra e mais Urco Editora presentaron onte a convocatoria da I Edición do Premio MarÃa Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. O novo certame, dotado con 4.000 euros e a publicación da obra da man de Urco, fallarase durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e está aberto a textos cunha extensión máxima de 250.000 caracteres. Con esta iniciativa as entidades organizadoras queren homenaxear a autora á que se lle dedica o DÃa das Letras neste 2018. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.
En paralelo, Edicións Xerais anunciou a edición dun cartel dedicado a autora. O pintor Fino Lorenzo corre coa representación de MarÃa Victoria Moreno nun traballo que recolle tamén as obras da homanexeada que están publicadas por esta editorial.