O XIV Curtocircuito pecha cun reparto internacional de premios

‘Aysha’ de Fon Cortizo faise con dous premios e Noemí Chantada con ‘La mujer invisible’ acada tres galardóns

‘Aysha’ de Fon Cortizo faise  con dous premios e Noemí Chantada  con ‘La mujer invisible’ acada tres galardóns
Gala de entrega dos galardóns Foto: Curtocircuíto
Pecháronse as portas e apagáronse os proxectores do XIVº Curtocircuíto, pero o festival de audiovisual en formato de curtametraxe celebrou a súa gala final por todo o alto entregando os seus galardóns no Teatro Principal de Santiago. Máis de 1.200 cintas presentada á competición oficial e despois de máis de 150 filmes proxectados os xurados decidiron o destino dos once galardóns desta edición que resultaron repartidos para producións de sete países. As curtametraxes galegas acadaron gran recoñecemento por parte do público en varias categorías máis alá da que teñen reservada. Na categoría oficial RADAR o premio foi para a produción xermana Find, Fix, Finish de Mila Zhluktenko e Sylvain Cruiziat. O xurado considerou darlle unha mención especial á cinta francesa Les Iles de Yann Gonzalez. A categoría reservada para o recoñecemento das propostas máis arriscadas e vangardistas EXPLORA premiou a curtametraxe arxentina de Sarah Jessica Rinland Y Berá. aguas de luz e o xurado ademais decidiu dúas mencións `para On generation and corruption de Takashi Makino (Japón) e I don´t think I can see an island de Christopher Becks y Emmanuel Lefrant (Francia). No apartado PLANETA GZ no que o xurado valora as curtametraxes da nosa terra a gañadora foI a cinta documental Aysha de Fon Cortizo. O premio PENÍNSULAS, para produción españolas, habilita á cinta gañadora para entrar entre as finalistas dos premios Goya de curtametraxes e o xurado decidiu que o levase a película Contact de Alessandro Novelli.

O Premio CREA, que valora a mellor dirección galega, foi para Noemí Chantada, pola súa obra La mujer invisible; o premio AGAG ao mellor guión galego recaeu de novo en Fon Cortizo pola súa historia Aysha que fala sobre os efectos da Primavera Árabe na xuventude xordana. O xurado de guionistas de AGAG tamén outorgaron unha mención especial ao traballo de Noemí Chantada. A Asociación de críticos cinematográficos, CAMIRA, tamén resolveron o seu galardón deste XIV Curtocircuíto que fopi para o portugués Jorge Jácome pola súa obra Flores, ademais houbo unha mención especial dos críticos para a cinta estadounidense Indefinite pitch de James Kienitz Wilkins. O Premio do PÜBLICO foi para a cinta de Noemí Chantada, La mujer invisible que saí conseguiu o seu terceiro recoñecemento neste festival. O Xurado Xoven, pola súa banda premiou a Nyo Vweta Nafta de Ico Costa (Mozambique, Portugal) e deixou dúas mencións especiais para as cintas Rapa das bestas de Jaione Camborda (Galicia) e Farpões Baldios de Marta Mateus (Portugal). O palmarés o completan as cintas Big Boom de Marat Narimanov (Rusia) co premio CRIATURAS e Tapias de Sergio Rois Roo, Carlos Iglesias Losada, Paula González Álvarez, Javier Blanco Armada e Javier González Sobrado que levan o premio OUTRA COMPOSTELA.

Noutra orde de cousas, pero seguindo cos festivais audiovisuais na comunidade, o vindeiro festival internacional de cine de Ourense, o 22º OUFF, que se celebrará desde o día 20 ao 27 de sete mes, ven de desvelar que o seu Premio honorífico Cidade de Ourense ao proxecto formativo Cine en curso nacido en Catalunya no ano 2005 e que hoxe en día ten 380 talleres en Cataluña, Madrid, Alemania, Euskadi, Argentina, Chile e Galicia . Nesta ocasión, o OUFF quere recoñecer non só o valor do labor de formación de público sensible para o cine do futuro, senón tamén o desenvolvemento de novos métodos educativos a través dos medios audiovisuais.






AYSHA TRAILER from Fon Cortizo on Vimeo.