Redrum Teatro estrea en España a obra 'A canción do elefante'

A obra de intriga está escrita polo canadiense Nicolas Billón e dirixida por Alex Sampayo

A compañía Redrum Teatro estreará mañá, no marco do Festival Galego de Teatro do Carballiño (FETEGA), a súa nova montaxe : A canción do elefante. Esta obra , oitava produción da compañía compostelá, está protagonizado por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez e dirixida por Alex Sampayo. A Canción do Elefante é un thriller psicolóxico escrito polo canadiense Nicolas Billon e será a primeira vez que esta obra se represente en España. Nesta historia un psiquiatra desaparece da súa consulta, a última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado polos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer. Tras da estrea nesta xornada do FETEGA a obra chegará ao Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 13, 14, 15 e 16 de setembro. O director, Álex Sampayo, e moi coñecido pola súa actividade no sector audiovisual, no que dirixiu series como El Internado ou Padre Casares ou a película Schimbare.