A coñecida como Casa de Combarro, situada nesta localidade do Concello de Poio, será rehabilitada da man da Deputación da Pontevedra. A entidade provincial investirá 116.000 euros para acondicionar este espazo, que será cedido ao Concello de Poio para acoller un centro de promoción turÃstica e de posta en valor do patrimonio histórico-cultural.
As obras, cunha duración prevista de catro meses, comezarán na segunda quincena deste mes, e pretenden mellorar a "salubridade, habitabilidade e eficiencia enerxética" deste edificio histórico. Os traballos repararán a cuberta, a incluÃr tamén unha limpeza da fachada e a substitución de carpintarÃas exteriores. Tamén se instalará un sistema de climatización e de ventilación, con renovación da instalación eléctrica e das luces, da fontanerÃa e do saneamento e das paredes e teitos interiores.
A Casa de Combarro foi adquirida pola Deputación en 1958, e en 1978 cedeuse ao Ministerio de Cultura para instalar unha casa da cultura e unha oficina de turismo. En 2022 aprobouse a súa cesión ao Concello de Poio.