A antiga fábrica de tellas situada en Vilalonga, no Concello de Sanxenxo, será rehabilitada cun investimento de 715.922 euros do Plan de Sustentabilidade TurÃstica da Unión Europea. O Concello anunciou que está preparar os pregos para a licitación dos traballos que afectarán a un edificio que en 2003 xa fora rehabilitado para se empregar como centro de interpretación desta industria na zona.
Deste xeito, realizaranse no antigo espazo industrial instalacións de ventilación e climatización, realizaranse melloras "de illamento e drenaxes do edificio, para permitir un normal desenvolvemento das actividades para os que foi creado, mellorando notablemente os estándares ambientais interiores". As obras tamén afectarán a iluminación e ordenarase a parcela circundante, coa adecuación dun aparcamento.
As obras permitirán que o espazo conte cunha sala de exposición permanente de 843 metros cadrados, unha multiusos, espazo para talleres de interpretación, almacén, un centro de documentación, oficinas, unha sala audiovisual, unha sala de exposicións temporais ou unha tenda temática.