Betanzos saca a licitación a reforma do centro de interpretación histórica

O antigo cárcere manterá unha exposición permanente sobre historia de Betanzos e de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadePolíticas Culturais
Compartir:
A alcaldesa María Barral, coa deputada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez. xunto ao edificio que hoxe alberga a Policía Local e que nun futuro estará asentada a Oficina de Turismo.

A alcaldesa María Barral, coa deputada de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez. xunto ao edificio que hoxe alberga a Policía Local e que nun futuro estará asentada a Oficina de Turismo.

Tras da aprobación do proxecto de reforma e a sinatura dun convenio coa Deputación da Coruña, o concello de Betanzos ven de sacar a licitación a contratación efectiva dos traballos para comezar as obras do edificio que albergará as oficinas de turismo e un centro de interpretación do casco histórico así como da historia do reino de Galicia. O edificio que foi antigo cárcere e albergaba arestora as oficinas da Policía Local pasará a converterse no centro de información turística e de interpretación da antiga muralla de Betanzos así como do casco histórico. Ademais albergará unha musealización abranguendo puntos da historia do antigo reino de Galicia, grazas a un convenio asinado entre concello e deputación. Os traballo de reforma licítanse por procedemento aberto e con tramitación urxente, por valor de 740.000 euros e cun prazo de execución de dous meses.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Turismo, Concello de Betanzos, Deputación da Coruña