Restauran o vigués Pazo da Raposeira

Recibiu un investimento de 1.850.000 euros de fondos europeos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pazo da Raposeira, en Sárdoma (Vigo) poderá estar restaurado no vindeiro verán. O investimento por parte do Estado de 1.850.000 euros, dos cales un 80% procede de fondos europeos abordará unha recuperación completa deste edificio que foi fundado en 1625. As obras mellorarán a evolvente térmica, darán nova estrutura na cuberta e sanearán o granito. Ao tempo, recuperaranse os edificios auxiliares da zona exterior e o estanque. O edificio fora residencia de familias destacadas do sur de Galicia como os Araúxo, Arce ou Montenegro, e é de titularidade do concello de Vigo. O prazo previsto para o remate das obras é en setembro do vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo

Claves

Entidades
Lugares