A Casa de Combarro converterase nun centro de información turística

A Deputación de Pontevedra incrementa o investimento anunciado a 240.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Presentación da rehabilitación. Foto: Deputación de Pontevedra

Presentación da rehabilitación. Foto: Deputación de Pontevedra

En maio do ano pasado a Deputación de Pontevedra anunciou a rehabilitación da Casa de Combarro, o inmoble barroco, por un valor de 116.000 euros. Aínda que estaba previsto que as obras comezaran a mediados do mes de maio, o certo é que aínda non se iniciaran. Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, anunciou un novo calendario e novos obxectivos. Deste xeito, o novo calendario sinala que as obras comezarán despois de Semana Santa e terán unha duración de seis meses. Terán un custo de 140.000 euros, demolerán a cuberta actual, cambiarán as carpinterías exteriores de madeira, renovarase a instlaación eléctrica e diferentes novas instalacións de saneamento. A novidade é o engadido de 100.000 euros adicionais para a "musealización" do inmoble, que "pasará a ser un centro de referencia para a promoción, información e difusión de Combarro como destino turístico ligado á cultura".

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Combarro, Deputación de Pontevedra, Semana Santa, Barroco