O mercado tradicional de Os Pendellos de Agolada, un conxunto de edificacións vinculadas á celebración desta relevante feira da Galicia interior, acaba de ser cedido pola Deputación de Pontevedra ao concello, co obxectivo de que este realice todo tipo de eventos culturais e promocionais neste espazo. Os Pendellos xa foran obxecto dunha recente rehabilitación que correra a cargo da entidade municipal e acollen desde hai anos eventos culturais de todo tipo. Como curiosidade, a Deputación de Pontevedra taxou o conxunto nun valor de 1.663.265 euros, como resultado da suma das tres operacións de compra do espazo (133.445 euros) e do investimento de 1.529.820 euros na diferentes obras de rehabilitación. Os Pendellos de Agolada son un ben representativo da tipoloxÃa de mercados tradicionais que tiveron unha especial relevancia no interior de Galicia, entre as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense.