Cultura investirá 174.000 euros ao longo do vindeiro ano na restauración dos pendellos de Agolada

Operación pendello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O conxunto dos Pendellos de Agolada está de parabéns. Se ao comezar o mes a Deputación de Pontevedra adquiría este conxunto de edificacións feirais, agora a consellaría de Cultura anuncia que se fará cargo da súa rehabilitación. En total serán 174.000 euros os que se destinarán a este fin ao longo de 2007, unha cantidade coa que se agarda tamén recuperar os edificios da Capela das Virtudes e da Casa das Neves, incluídos no conxunto.

Máis información no web da Consellaría e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Deputación de Pontevedra