A Deputación de Pontevedra completa a adquisición dos Pendellos de Agolada por 120.000 euros

Pendellos públicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Corenta pendellos do século XVIII situados no casco urbano do Concello de Agolada pasaron a mans da Deputación de Pontevedra. A institución pública pechou o pasado un de decembro a compra, por 119.000 euros deste conxunto histórico, que conta desde 1985 coa declaración de monumento histórico artístico. A intención agora é desenvolver a restauración destes recintos que se empregaban nas feiras. Nos últimos anos a Asociación de Amigos dos Pendellos viña reclamando repetidamente a importancia deste conxunto.

Máis información no web da Deputación, no web do MARCO e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Culturagalega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)