A Real Filharmonía presenta o programa da seguinte temporada

Vintecinco concertos de abono, doce en outras localidades e colaboracións como a de Paquito D'Rivera configuran a oferta

Con máis dun mes de antelación respecto ao pasado ano a Real Filharmonía de Galicia presentou hoxe o programa da súa seguinte temporada de abono 2017/2018. O director titular da orquestra, Paul Daniel, acompañado polo alcalde santiagués, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio da Cidade; máis o novo director do Auditorio de Galicia, Xaquín López presentaron esta maña nas instalacións que dirixe este último as liñas e da programación e comunicaron os detalles. Serán 25 os concertos que a RFG dará na vindeira temporada de abono e contarase con importantes nomes da escena internacional como solistas. O clarinetista Paquito D´Rivera será un dos solistas invitados, así como os pianistas Lars Vogt e Steven Osborne. Poranse en escena óperas de Bellini e Strauss, e de feito a temporada se inaugurará o 6 de outubro cunha delas, La sonnabula, de Bellini contando co Coro Gaes e coa dirección convidada de Manuel Coves. Esta obra levarase posteriormente a Vigo, onde a RFG mantén unha presenza estable na programación cultural da cidade de Vigo, grazas á colaboración entre a orquestra, a Sociedade Filharmónica de Vigo e a Fundación Abanca. A formación orquestral tamén viaxará a outras tres ciudades galegas e Oviedo ao longo da temporada ofrecendo aya 12 concertos nas súas saídas, que hai que engadir aos 25 a celebrar na súa sede do Auditorio de Galicia en Santiago e aos que se farán en diversos centros socioculturais e en espazos singulares da capital. A Real Filharmonía tamén inclúe no seu programa 2017/2018 a interpretación da banda sonora orixinal da película A Guerra das Galaxias en un dos seus concertos introcducirá como elemento escénico a un malabarista. Dentro da variedade preparada de concertos executaranse obras en conmemoración como a Música Acuática de Haende, cuxa estrea cumpre 300 anos; ou os centenarios do nacemento de Bernstein e do fallecemento de Debussy, que levarán a interpretar obras de ambos compositores.