O festival Espazos Sonoros celebrará do 2 de setembro ao 15 de outubro a súa décima edición cun programa de nove concertos en lugares de especial interese cultural de Vilasantar, Sobrado dos Monxes, Arbo, Montederramo, Palas de Rei, A Pontenova, Caldas de Reis, Lourenzá, Ourense e Baiona. Igrexas, muÃños, castelos, mosteiros e mesmo fornos destes municipios serán os escenarios da nova programación deste ciclo promovido pola ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O ciclo comprende concertos, visitas guiadas e obradoiros sobre a música, a danza e os instrumentos tradicionais antigos. A música antiga da Austrian Baroque Company, de Marco e Angela Ambrosini, e Eva-Maria Rusche; do ensemble Favola dÂ’Argo, do catalán Xavier DÃaz-Latorre e de Manseliña; xunto coa música para guitarra do século XX de Samuel Diz, o repertorio tradicional galego de Xesús Vaamonde e de Xosé Lois Romero, e mais un programa de música de salón do XVIII que recuperarán o pianista Alejo Amoedo e a soprano Susana de Lorenzo centran as propostas musicais de Espazos Sonoros 2017. Nas roldas pola paisaxe organÃstica do Camiño do Norte, Pablo Seoane estreará a peza “Parábase”, creada para os órganos da igrexa de San Salvador de Lourenzá
Será na provincia da Coruña, no municipio de Vilasantar, onde bote a andar a décima edición de Espazos Sonoros, o 2 de setembro. A igrexa de Santa MarÃa de Mezonzo acollerá o concerto inaugural, no que Marco Ambrosini (viola de chaves contralto), Angela Ambrosini (viola de chaves soprano) e Eva-Maria Rusche (clave) farán un percorrido polas músicas de compositores italianos, españois, centroeuropeos e ingleses do Barroco. A música antiga será tamén a protagonista do concerto de clausura, o 15 de outubro, a cargo da Austrian Baroque Company, unha formación de cámara vienesa de renome internacional especializada na interpretación de música instrumental e vocal europea dos séculos XVI a XVIII. A recuperación do patrimonio musical será un dos eixos de Espazos Sonoros. O pianista e investigador Alejo Amoedo e a cantante lÃrica Susana de Lorenzo, acompañados polo polifacético Abraham Cupeiro, ofrecerán un concerto o 11 de outubro, no Liceo de Ourense, arredor das músicas de salón da segunda metade do XVIII, no que sacarán á luz pezas copiadas polo músico alemán Antonio Krause e que se atopan no Arquivo Provincial de Ourense, asà como de tres pezas de música galega para fortepiano, copiadas polo que foi organista e mestre de capela da colexiata da Coruña, Diego Antonio Machado, na actualidade na Biblioteca Nacional. Tampouco faltará o habitual espazo de achegamento á música antiga, cun obradoiro no mosteiro de Sobrado dos Monxes dedicado ao mundo da danza histórica, no contexto do panorama musical do Renacemento.