O Eixo Atlántico publica a última banda deseñada de Norberto Fernández

Novo Vinilo edicións presenta O Demo & Eu

O debuxante vigués Norberto Fernández lanza un novo álbum de banda deseñada. O báculo de Daghdha, publicado polo Eixe Atlántico, é unha historia de aventuras na que os protagonistas percorren o Camiño Portugés a Santiago desde Lisboa na procura dun tesouro. O álbum de 48 páxinas sae publicado a toda cor e repártese este sábado cos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra. Ademais, repartirase en diferentes eventos do Eixo Atlántico e prevese a súa distribución en colexios e bibliotecas. O autor explora nesta ocasión un estilo de cómic franco-belga que se afasta da súa produción habitual.

Pola súa banda, a editora viguesa Novovinilo está en plena xira de presentación de O Demo & Eu. Neste álbum de 76 páxinas o brasileiro Alcimar Frazão conta a historia de Robert Johnson, o mítico cantante de blues de quen se asegura que asinou un pacto do demo para tocar a guitarra con mestría.