Nace o web Compostela Geoliteraria

O proxecto analiza as pegadas da literatura na capital galega entre 1842 e 1926

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace o web Compostela Geoliteraria

Facilitar a análise da conformación de Santiago de Compostela como cidade literaria é o obxectivo o web Compostela Geoliteraria, que acaba de saír á luz. O novo espazo na rede xorde do grupo de investigación que dirixe o catedrático da USC Fernando Cabo Aseguinolaza e localiza na xeografía da cidade fragmentos de obras publicadas entre 1842 e 1926 de autores como Antonio Neira de Mosquera, que inaugura a representación literaria contemporánea de Compostela, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Juan Armada y Figueroa, Ramón del Valle-Inclán, Alejandro Pérez Lugín ou Prudencio Canitrot. O web achega varios mapas e formatos interactivos que exploran espazos de acción, de proxección, cartografías do afecto ou cartografías da incertidume que convidan a ollar dun xeito diferente o contorno urbano e comprender o xeito no que se representou na literatura.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán...